Activan a procura dun home de 48 anos desaparecido en Silleda

Está desaparecido desde o xoves.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2021 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

As forzas da orde manteñen activado un dispositivo de procura para dar con Carlos Alberto Ares, un home de 48 anos de Silleda que leva desaparecido desde o xoves.

Segundo o cartel de alerta que compartiu en redes sociais a asociación SOS Desaparecidos, trátase dun veciño do lugar da Bandeira de complexión normal e con calvicie total.

O día da súa desaparición, o pasado xoves 24 de xuño, Carlos Alberto Ares vestía un vaqueiro azul, un polo verde e zapatillas deportivas escuras.

O Concello de Silleda fixo un chamamento á colaboración cidadá a través das redes sociais para dar con el. "Se alguén ten algunha pista, rogamos póñase en contacto coas forzas da orde que están a traballar na súa procura", engade o Consistorio, que tamén expresa o seu "apoio á familia" desde o seu perfil de Facebook.

Carlos Alberto Ares, home desaparecido o 24 de xuño en Silleda (Pontevedra).. SOS DESAPARECIDOS
Carlos Alberto Ares, home desaparecido o 24 de xuño en Silleda (Pontevedra).. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta