Aprobada a xestión social e financeira da Abanca en 2020 na súa xunta xeral de accionistas

Segundo o presidente da entidade, Juan Carlos Escotet, o banco mantivo "un elevado nivel de capitalización e unha sa estrutura de financiamento".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2021 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

A xunta xeral de accionistas de Abanca aprobou na súa reunión anual ordinaria as contas anuais correspondentes a 2020 e a xestión da entidade no ámbito da responsabilidade corporativa durante o pasado exercicio, segundo informa a entidade nun comunicado.

No encontro, presidido por Juan Carlos Escotet e no que estivo representado o 91,85% do capital social da entidade, aprobáronse "por unha ampla maioría" o nove puntos que conformaban a orde do día.

Celebrado presencialmente, permitiu a participación telemática e telefónica para asegurar a participación dos accionistas "independentemente das posibles restricións derivadas da crise sanitaria que houbese que aplicar".

"Os accionistas apoiaron co seu voto as contas anuais individuais e consolidadas do exercicio 2020", destaca Abanca. Ao peche do exercicio, a entidade alcanzou os 100.000 millóns de volume de negocio e situouse como líder en calidade de activos en España coa menor taxa de morosidade, un 2%, e coa maior cobertura de activos improductivos, un 83,4%. De igual maneira, o banco mantivo, segundo resalta, "un elevado nivel de capitalización e unha sa estrutura de financiamento".

A memoria e unha nova comisión reflicten "a importancia da sustentabilidade na estratexia do banco. Así, a xunta referendou tamén a actividade social desenvolvida pola entidade durante 2020 e a información non financeira incluída na Memoria de Responsabilidade Corporativa da entidade.

"A principal novidade é a relevancia que cobra a información vinculada coa sustentabilidade e o medio ambiente, reflexo dos compromisos adquiridos polo banco coa súa adhesión ás principais alianzas do sector", segundo sinala. Deste xeito, por primeira vez, a memoria inclúe o reporte dos avances realizados por Abanca no marco do seu compromiso cos principios de banca responsable.

Outro "fito relevante" no ámbito da sustentabilidade, segundo apunta, foi a recente creación dentro do seu consello de administración dunha comisión de nomeamentos e sustentabilidade para facer seguimento da estratexia do banco nesta materia.

Ademais, este ano converteuse na primeira entidade financeira española en contar coa verificación externa do seu modelo de gobernación descrito no informe anual de goberno corporativo 2020. O informe de verificación foi validado por KPMG Asesores que tamén verificou a memoria corporativa.

A xunta xeral de accionistas aprobou tamén o novo máximo de membros do consello dentro dos límites establecidos nos estatutos sociais. Ademais, segundo informa a entidade, tamén aprobou a modificación dos estatutos para poder celebrar a xunta exclusivamente de forma telemática.

Xunta xeral de accionistas de Abanca. ABANCA
Xunta xeral de accionistas de Abanca. ABANCA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta