Por X.M. Fernández | Verín | 01/07/2021 | Actualizada ás 08:25
O aforo total permitido das instalacións será de 400 persoas, en horario de 12:00 a 20:00 horas. Haberá un corredor de entrada e saída diferenciados para a instalación, sendo obrigatorio o uso de máscara na zona de recepción e vestiarios. Nestes últimos, as duchas non estarán dispoñibles. Asi mesmo, reforzarase a limpeza e desinfección das instalacións para cumprir co esixido pola lexislación vixente en materia de Covid-19.
Haberá dispensadores de xel desinfectante nas devanditas zonas e será obrigatorio utilizar calzado de piscina (chanclas) na zona de praia. As instalacións terán unha sinalización coa normativa que deberá respectarse en todo momento, tanto por medio de marcas no chan como por sinais verticais informativos. Ademais débese cumprir con aquelas indicacións que poidan dar os empregados, que vixiarán en todo momento que se cumpra coa normativa.
O uso da máscara no exterior será obrigatorio cando non se poida cumprir a distancia mínima de seguridade entre non convivintes, tal e como contempla a normativa actual en materia sanitaria.
Nas zona de baño (piscinas) haberá entradas e saídas diferenciadas, sendo o uso da ducha obrigatorio antes de acceder ás mesmas. Non estará permitido o uso de xoguetes ou outros obxectos de entretemento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.