O PSdeG denuncia "saturación" nos centros de saúde e a Xunta di non ser "coñecedora"

As colas que se estarían a vivir nos centros da comunidade terían que ver con xestións administrativas para conseguir a Chave365.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2021 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

A deputada socialista Leticia Gallego acusou á Xunta de provocar "saturación" nos centros de saúde para conseguir a Chave365 ao pór este sistema de certificación electrónica como requisito para poder acceder ao bono turístico --posto en marcha en abril--. Na Comisión 6ª de Turismo, a deputada socialista alertou das "colas" producidas nos centros de saúde por cidadáns que querían que lles tramitasen a Chave365 para o bono turístico, mentres os ambulatorios "quéixanse por ter que afrontar cada vez máis tarefas".

En resposta, o xerente do Sergas, José Flores, dixo non ser "coñecedor" de que existise "saturación" nos centros de saúde por esta situación. Así mesmo, Flores explicou que este solicitude se pode facer por vía electrónica ou de forma presencial, aínda que explica que existen múltiples puntos nos que poder tramitala sen necesidade de asistir aos centros de saúde.

Respecto diso, Leticia Gallego aposta por que "unha boa solución" para futuras convocatorias é aclarar aos cidadáns os diferentes puntos aos que poden acudir sen ter que ir aos centros de saúde.

Proba de COVID-19 en carpa anexa a un centro de saúde de Galicia.. CEDIDA
Proba de COVID-19 en carpa anexa a un centro de saúde de Galicia.. CEDIDA | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta