Investigan por presunta prevaricación dous ex cargos do Goberno de Feijóo en relación á mina de Varilongo

Os excargos son o exdirector xeral de Minas Ángel Bernardo Tahoces e o ex secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental Justo de Benito Basanta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2021 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

Os ex cargos do Goberno que dirixe Alberto Núñez Feijóo --o ex director xeral de Minas Ángel Bernardo Tahoces e o ex secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental Justo de Benito Basanta-- están sendo investigados por un xulgado compostelán como presuntos autores dun delito de prevaricación ambiental.

En concreto, tanto Tahoces (agora xerente da Axencia da Industria Forestal, segundo figura no oganigrama da mesma) como Justo de Benito Basanta, que no seu día deixou a Xunta e foi nomeado para un posto na embaixada de España en París, foron citados a declarar o pasado martes na capital galega.

Así o ratifica documentación xudicial e fontes coñecedoras do caso, que avanzou o dixital Praza Pública e sobre o que a Fiscalía abriu dilixencias por mor dunha denuncia.

Dita denuncia non incluía a petición de investigar ao que fose secretario xeral ténico da Consellería, hoxe presidente da xestora do PP en Santiago e deputado autonómico, Borja Verea, pero a Fiscalía si puxo o foco nel. En todo caso, dada a súa condición de aforado, a súa situación segue pendente de concretar, un paso que correspondería ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

REAPETURA DA MINA DE VARILONGO

O caso en cuestión xa fora denunciado por asociacións veciñais e ecoloxistas: a autorización por parte da Xunta en 2011 da reapertura da mina de Varilongo, en Santa Comba, sen a adecuada avaliación do impacto ambiental a pesar da existencia de informes que alertaban de que a explotación podería contaminar as augas.

No marco da causa aberta, coa intervención de Fiscalía, o Seprona realizou análise das augas que si revelan niveis elevados de metais.

"PRESUNCIÓN DE INOCENCIA"

A Consellería de Medio Ambiente da Xunta limitouse a trasladar o seu "respecto" ás actuacións xudiciais abertas. Pola súa banda, tamén a preguntas dos medios, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, indicou en rolda de prensa que esta causa se refire a a "revisión" dunha autorización administrativa "de fai dez anos".

O dirixente popular apelou á "presunción de inocencia" para as persoas investigadas e engadiu que, igual que "en casos similares", o que corresponde é "confiar na actuación e indepedencia xudicial".

Tahoces nunha comisión parlamentaria
Tahoces nunha comisión parlamentaria

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta