O valego, a terceira ponla do galego medieval

Xerais edita "O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres – Estremadura)", unha obra que recolle 20 anos de investigacións dende que se descubrisen estas 'falas raras' aos principios dos 90.

Por Galicia Confidencial | | 06/12/2013 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

O valverdeiro, o lagarteiro e o mañego son variedades esencialmente galegas que, a pesar das diferenzas entre elas constitúen un mesmo ‘dialecto’, o valego, a terceira ponla da lingua galega medieval que segue viva en Estremadura e, máis concretamente, no Val do Ellas, Val de Xálima ou Os Tres Lugaris. O profesor Xosé Henrique Costas descubriu estas ‘falas raras’ a principios dos noventa e, dende entón, van 20 anos de continuas visitas á zona para recoller material que foi dando a coñecer en múltiples relatorios e artigos, agora revisados, actualizados e agrupados nos diversos capítulos de O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres – Estremadura), unha monografía editada por Xerais coa que Costas ve plasmados “20 anos de traballo, vinte anos indo ao Val do Ellas con alumnos, vinte anos sorprendéndome con cousas novas”.

Henrique Costas, autor do libro O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres – Estremadura)
Henrique Costas, autor do libro O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres – Estremadura)

Especializado fundamentalmente nos eidos da dialectoloxía e da sociolingüística, Xosé Henrique Costas define o libro como “o traballo e a paixón de catro lustros por contribuír a un mellor e maior coñecemento da nosa lingua e da nosa historia” e “como ronsel” agarda que non pase desapercibido para as novas e novos investigadores e se animen así a facer as súas teses ou traballos académicos “que esta realidade lingüística e social quere feitas”. Ao tempo, fai tamén fincapé nun dos principais obxectivos da obra: contribuír con “sólidos alicerces” á dignificación, aumento do prestixio social, coñecemento rigoroso e normalización lingüística e cultural en Estremadura deste tipo especial de galego no seu territorio autóctono.

Trátase, tal e como se subliña no Limiar da obra, “de axudar a que se prestixie e sobreviva con vitalidade no seu territorio, non como obxecto coleccionable nin musealizable, nin como curiosidade folclórica visitable nunha reserva ata o seu esmorecemento por falta de coidados ou por inanición, senón como realidade viva, con saúde e con futuro”, recalca Costas.

Xeografía, paisaxe, onomástica... toda unha viaxe en 300 páxinas

Leva xa uns días de presentacións e “o balance é moi positivo, xa que a asistencia da xente é moi grande e os comentarios son bos”. O 27 de decembro fará a presentación no Val do Ellas con filólogos locais “pero nas poucas semanas que xa leva alí o libro á venda ten espertado moito interese”, subliña Costas, quen afirma sentirse “contento e aliviado, contento por velo publicado e aliviado porque xa era unha cousa que levaba adiado demasiadas veces”.

Ao través de case 300 páxinas o volume toca aspectos como a onomástica e a historia do galego na zona, con especial atención á toponimia, dá hipóteses sobre o mantemento da fala e a súa polémica adscrición lingüística e fai unha completa caracterización fonética, morfosintáctica e léxica, para rematar cunha análise da situación sociolingüística e da urxente necesidade de codificación destas falas para o que propón unha solución “á galega”.

Non separa na monografía o estudo lingüístico dos temas sociais e legais, e tampouco escapa dos aspectos políticos, de feito, abre cun longo capítulo sobre o contexto lexislativo e político de todas as linguas minorizadas de España, onde se atende á situación do galego, do vasco e do catalán nos seus diversos territorios “e tamén a situación doutras linguas españolas que moita xente ignora a súa existencia, como ocorre co asturiano, aragonés, aranés, portugués, árabe e tamazig”, recalca o autor, que fai tamén referencia á lexislación lingüística ignorada, particularmente á Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias “e a súa importancia para a normalización do galego de Galicia, máis tamén para o galego estremeiro e do Val do Ellas”.

Novos proxectos en Sardeña e Brasil

Tras deixar atrás varios anos máis centrado en temas de xestión e política universitaria, Xosé Henrique Costas está xa inmerso de cheo en novos proxectos. Nesta nova singradura, entre outros destinos, a tarefa investigadora lévaoo a Sardeña, onde colabora con diferentes movementos, asociacións e editoriais que fomentan a lingua xarda, e tamén a Brasil, onde coopera cun equipo de investigación que traballa en dialectoloxía brasileira. “Pero isto non significa que deixe atrás ao Val de Ellas, para nada”, subliña Costas, ao tempo que explica o seu labor como asesor do goberno estremeño “en todo o relacionado coa lingua do Val do Ellas” na creación do chamado Parque Cultural da Sierra de Gata.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

11 lusistas=espanholistas

Xa tán os lusistas-espanholistas dicindo parvadas coma sempre. Xa andan outra vez a rescreve'la história para tentar enganar a alguén. No fondo procuran o mesmo qu'os nacionalistas espanhois: diluir a identidade galega e facela esmorrecer. É-lhes o mesmo que Portugal non pintase un caralho no Reino de León, eles tenhen de dicir que foron portugueses os que repoboaron o Xálima. Por que? É sinxelo, hai que negar que a língua GALAICA (GALEGA) medieval puidese evoluir doutro xeito que non sexa o luso oficial, é un dogma da sua crença. Mesmo pode que sexan axentes do espanholismo aplicando a psicoloxia inversa na busca dũa reacçon favorábele ó castrapo e contraria á lusofonia na sociedade galega. Dende logo o obxectivo é craro, facer desaparecer toda a identidade galega pra converteren a Galiza nũa provincia asimilada doutro país (algo coma o Alentejo ou Murcia).

1 xquj

Por qué falas de "Reino de León" se iso nunca existiu, era Galicia sinxelamente. E a lusofonia non lle importa a ninguén porque non val pra nada, e os lusofonos son/sodes os máis tristes dos frikis.

2 lusistas=espanholistas

Probabelemente es un troll militante lusista-espanholista facendo psicoloxia inversa outra vez máis, era boa se colase! Secasí, sexas troll ou non, fai o favor e merca un libro de história e le tamén algũas cantigas de amigo, que a inhorança ten cura.

10 Lusopailans non

O desprezo que lle tedes o galego, é o mesmo que a sociedade normal sinte por vos.

1 Luís de Santiago

Eu conversei con portugueses desde o Minho até o Algarve. O dialeto que mais difícil me resultou de entender foi o lisboeta, pola sua tendência a "comer" as vogais. En calquera caso, o nível de compreensom que tivem com eles é notavelmente superior que o que tivem com um nativo do val do Elhas que participou numha mesa redonda no Berço. Em conclusom: se esas falas estremenhas som o mesmo idioma que o galego, o português também. Daquela, o nome que se lhe dê à fala comum nom é questom filológica, senom política. Os que amamos o galego estamos divididos sobre isto, mas tudos os inimigos do galego pretendem que galego e português som idiomas distintos... por que será? Às vezes o inimigo amosa-nos qual é o melhor caminho.

9 picosacro

Ramón Lorenzo:"Aquí ten que funcionar a pedagoxía. Cando nós (sic) fixemos a normativa, que máis nos daba poñer un guión entre o pronome e o verbo ou non o poñer? Que máis nos daba poñer o acento en “diario” e non en “dia”? Poderíase facer, pero no galego temos que ter en conta que a lingua A, lamentablemente é o castelán, e nas escolas os rapaces teñen galego e ecastelán e o que on poderiamos nunca facer é que aos rapaces de 6 ou 7 anos, cando empezan a aprender gramática, na clases de galego se lles diga que “dia” non leva acento e que “diario” si, cando en castelán se lles dí todo o contrario. É un cacao e pedagoxicamente absurdo. Esa foi a razón fundamental.

1 Luís de Santiago

Essa afirmaçom de Ramom Lourenço supom assumir que o galego deve ser sempre língua B em Galiza, assumir que ao final desapareça. Já que se a ortografia nom deve ser um obstáculo, tampouco o léxico, tampouco a sintaxe, tampouco o próprio idioma... Assim nos vai, que em trinta anos de monarquia borbônica o galego apenas ganhou prestígio social e, portanto, usos sociais. E o tal RL ainda tem a cara de lhe botar a culpa do estado atual do galego a Carvalho Calero, home íntegro que já nom se pode defender. Em mal dia se lhe ocorreu ao da Maía dedicar-se à filologia galega e nom a outra carreira. Nem foi capaz de ir ao registo a galeguizar o Lorenzo que loce no DNI.

8 picosacro

Freixanes: "A lingua galega non é unha lingua local, e este é un discurso que debemos empezar a desenvolver sen complexos, pensando sobre todo nas novas xeracións. A lingua galega, irmá do portugués, do brasileiro, do angolano e o mozambicano, do caboverdiano e algunhas prazas de Asia, é unha lingua de ampla circulación que pertence a unha gran familia común, de abondosa e crecente demografía, que ten as súas orixes na nosa Terra e presenza, hoxe, en ámbitos económicos distintos e emerxentes. Aínda que levamos tempo matinando nisto, o discurso non é noso nin de agora: está en Xohán Vicente Viqueira, nas Irmandades da Fala, en Castelao, en Valentín Paz Andrade... Seria un estrago imperdoable non aproveitar este tesouro."

7 Vasconcellos

É unha pena que os lusólatras ou lusógrafos odien tanto todo o que é galego. No fondo non deixa de ser unha mestura de autoxenreira e galegofobia.