As Illas Atlánticas: imán do turismo en época de pandemia

A demanda de aloxamentos turísticos próximos ás Illas Atlánticas de Galicia aumenta un 35%.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2021 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

A busca de aloxamentos próximos a paraxes naturais aumenta un 60% en España, segundo os datos da plataforma Airbnb. O informe Airbnb Travel & Living mostra como os destinos que se atopan fóra das grandes cidades medrou considerablemente con respecto aos datos do 2019 e as Illas Atlánticas atópanse entre os 10 paraxes naturais con maior incremento de buscas na plataforma de reservas. En concreto, nas zonas próximas ás illas galegas as buscas incrementaron un 35%. 

Praia de Rodas, nas Illas Cíes. EUROPA PRESS - Arquivo
Praia de Rodas, nas Illas Cíes. EUROPA PRESS - Arquivo

Segundo Airbnb, o turismo de paraxes naturais de proximidade atrae a un perfil de viaxeiros respetuosos co medio ambiente, e os aloxamentos destas zonas son os mellor valorados polos hóspedes, cunha puntuación media de 4,7 estrelas sobre 5. Con respecto ao prezo, os aloxamentos  próximos a parques naturais son case un 4% máis baratos que a media nacional. Ademais, segundo unha enquisa da OnePoll, o 35% de españois opta por escapadas próximas en vez de viaxes de longa distancia por motivos de sostibilidade. 

Mentres que no verán de 2019 o top 10 de cidades representaba arredor do 10% das noites, esa porcentaxe reduciuse á metade segundo as previsións para o verán do 2021 da plataforma Airbnb. Pola contra, con respecto ao mesmo ano, lugares próximos a parques como Montseny ou Cap de Creus aumentaron un 150% e 110% respectivamente. 

Por outra banda, o medio de transporte que destaca este verán é o coche, medio que se utilizará nun 68% das viaxes segundo as enquisas realizadas por Airbnb, e que responde a ese incremento do interese de trasladarse a destinos máis próximos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta