O PP denuncia "atraso xeneralizado" nas obras do Goberno en Pontevedra e anuncia "unha ofensiva"

Consideran a actitude do Goberno central un "ninguneo do PSOE coa cidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2021 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

Deputados nacionais, autonómicos e provinciais do Partido Popular denunciaron este venres o "atraso xeneralizado" das obras do Goberno central en Pontevedra e o "ninguneo do PSOE coa cidade".

Na sede provincial do PP compareceron este venres ante os medios de comunicación a deputada nacional Ana Pastor, a senadora Pilar Rojo, a deputada autonómica Lupe Murillo, acompañadas por cargos locais como Pepa Pardo e Rafa Domínguez.

Alí criticaron o "deixamento á que está sometida Pontevedra por parte do Goberno central" que, segundo a vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, provocou que a cidade perdese " máis de 100 millóns de euros en investimentos".

Así, indicou que o PP presentou 59 emendas só para a cidade do Lérez cun valor próximo aos 60 millóns de euros e "a todo dixéronnos que non", indicou.

Os populares sostiveron que "coa chegada do PSOE ao Goberno, Pontevedra foi abandonada" xa que "non só non se presentan proxectos novos ou ilusionantes para a cidade, é que se abandonan aqueles que xa estaban consolidados".

Debido a este "ninguneo" coa capital da provincia, o Partido Popular anuncia unha "ofensiva" en todos os ámbitos políticos onde contan con representación "para defender os intereses de Pontevedra e os dos seus cidadáns".

Así, censuraron a "parálise absoluta" en actuacións como as obras da circunvalación de Pontevedra, o paseo litoral ata Marín, a "lentitude" na licitación do nó de bombeiros ou o "total abandono" do edificio que ocupaba o Ministerio de Facenda en San Francisco.

Deste xeito, os populares avanzaron que presentarán diferentes mocións en diferentes organismos, comezando por concello e deputación de Pontevedra, para "esixir ao PSOE que cumpre dunha vez con Pontevedra".

Rolda de prensa de cargos do PP celebrada en Pontevedra.. PP DE PONTEVEDRA
Rolda de prensa de cargos do PP celebrada en Pontevedra.. PP DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta