Galicia rexistra 1.649 afiliados menos á Seguridade Social en maio no sector turístico

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2021 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

Galicia rexistra 1.649 afiliados menos á Seguridade Social en maio no sector turístico en relación co mesmo mes do ano anterior, segundo os datos que publica este luns o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

Por comunidades, rexistráronse aumentos interanuais en termos absolutos en Andalucía (+8.828), Comunidade Valenciana (+5.116), Castela-A Mancha (+3.544), Cataluña (+2.052), Murcia (+1.163), Estremadura (+885), Cantabria (+612), Asturias (+457) e Ceuta e Melilla (+16).

No outro extremo, Baleares encabeza o descenso de afiliados, con 24.661 afiliados menos que hai un ano. Seguida de Canarias (-11.257), Madrid (-3.748), País Vasco (-2.485), Galicia (-1.649), Castela e León (-945), Aragón (-842), Navarra (-649), A Rioxa (-209).

O sector turístico pechou maio con 109.899 afiliados máis á Seguridade Social que o mes anterior, o que eleva a 2.198.985 o total de cotizantes vinculados a actividades turísticas, segundo os datos incluídos no informe sobre emprego en turismo elaborado por Turespaña e difundidos este luns.

"O final do estado de alarma, a mellora da situación epidemiolóxica grazas ao avance da vacinación e o inicio da tempada de verán están detrás destes datos, que confiamos en que sigan mellorando mes a mes segundo se vaia afianzando a recuperación que xa iniciamos", valorou o secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés.

Hotel en Santiago ocupación turística hoteleira turismo pernoctaciones. EUROPA PRESS - Arquivo
Hotel en Santiago ocupación turística hoteleira turismo pernoctaciones. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta