Case o 70% da poboación galega ten xa unha dose da vacina

Case o 53% están completamente inmunizados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2021 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

Galicia roza o 70 por cento da poboación diana a vacinar fronte á Covid-19 con polo menos unha dose, con 1.712.432 persoas --que supoñen máis de 36.000 que a xornada anterior--, mentres que a 52,89% conta coa pauta completa, tras terminar o proceso 1.298.328 --constitúen 134 máis--.

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata o peche da xornada de vacinación do domingo, recollidos por Europa Press, administráronse 2.883.496 dose, 36.401 máis que a xornada anterior das 3.090.575 recibidas ata o momento, que supoñen un 92%.

Diso dedúcese que a xornada de vacinación deste domingo na Comunidade galega centrouse en vacinar a persoas do grupo de 35 a 39 anos, con 32.394 vacinados máis que o día anterior, e a seguir cos de 40 a 44 anos, con 3.744 picadas máis.

Indicacións para o punto de vacinación no Hospital Marítimo de Oza, na Coruña.. M. Dylan - Europa Press
Indicacións para o punto de vacinación no Hospital Marítimo de Oza, na Coruña.. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

GRUPOS DE IDADE

Por grupos de idade, recibiron polo menos unha dose ata o momento 131.149 persoas maiores de 85 anos; 95.994 de 80 a 84 anos; 134.125 de 75 a 79 anos (+2); 152.622 de 70 a 74 anos (+2); 158.982 de 65 a 69 anos (+4); 170.027 de 60 a 64 anos (+8); 183.786 de 55 a 59 anos (+10) e 190.963 de 50 a 54 anos (+10).

A estas súmanse 196.152 persoas de 45 a 49 anos (+105) e 186.427 de 40 a 44 anos (+3.744). Así, ata o momento foron vacinadas 382.579 ciuddanos de 40 a 49 anos, un 86,36 duns 443.000 cidadáns desta franxa de idade. Así mesmo, foron vacinadas 70.404 persoas de 35 a 39 anos (+32.394) --colectivo ao que se empezou a vacinar por idade o fin de semana pasado--; 18.471 de 30 a 34 anos (+5); 14.627 de 25 a 29 anos (+4); 7.862 de 20 a 24 anos (sen cambios); 830 de 15 a 19 anos (+1) e 11 de 10 a 14 anos (sen cambios).

Por tanto, 1.712.432 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina en Galicia, un 69,76% da poboación diana a vacinar na Comunidade galega --2.454.497 cidadáns, segundo os datos do Ministerio de Sanidade--, 36.289 máis que a xornada anterior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta