Comesaña lamenta a "baixa" participación dos mozos galegos nos cribados

Anuncia máis probas diagnósticas para este grupo de idade e pídelles que "acudan cando son citados".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2021 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade "intensificará" os cribados para detectar casos de Covid-19 ante o incremento de contaxios entre a poboación nova, de 18 a 35 anos de idade, polo que apela a que "acudan cando son chamados".

Así o anunciou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en rolda de prensa tras a reunión do Comité Clínico deste pasado martes, na que incidiu en que poden acudir, sen cita, a cribados convocados, así como ás farmacias onde facilitan test gratuítos de saliva. Comesaña lamentou a porcentaxe "baixa" de participación dos mozos nos cribados, polo que chama "incrementar a adherencia" nesta franxa de idade "máis vulnerable ao contaxio".

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, acompañado da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, en rolda de prensa.. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, acompañado da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, en rolda de prensa.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta