O Concello de Ourense busca atallar o botellón

Por E.P. | Ourense | 07/07/2021 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense convocou para o 14 de xullo, mércores (10,00 horas), a comisión para retomar a elaboración dunha ordenanza coa que atallar o botellón. Deste xeito, a concelleira de Servizos Sociais, Eugenia Díaz Abella, convocou esta comisión de traballo para elaborar a ordenanza á que se comprometeu no último pleno do Concello.

Un vehículo da Policía Local no parque das Zapatillas (barrio de San Francisco),momentos despois de disuadir a varios grupos grupos de mozos que facía botellón, a 4 de xullo de 2021, en Ourense
Un vehículo da Policía Local no parque das Zapatillas (barrio de San Francisco),momentos despois de disuadir a varios grupos grupos de mozos que facía botellón, a 4 de xullo de 2021, en Ourense | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

"Non hai tempo que perder e todos os grupos debemos ter claro que está nas nosas mans, a través do consenso, alcanzar canto antes unha normativa municipal que nos permita controlar con maior eficacia unha práctica, a do botellón, que é ilegal", sostén Díaz Abella.

Estes traballos iniciáronse o 26 de novembro de 2019, pero paralizáronse a finais de xaneiro de 2020 debido á irrupción da pandemia, segundo apunta o Concello nun comunicado.

A concelleira de Servizos Sociais remarca que "o botellón non só é unha práctica insalubre, molesta e ilegal, xa que a todo isto súmaselle que neste momento é un foco de contaxio da covid moi preocupante".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta