Fiscalía pide o internamento dos dous menores detidos pola malleira que lle custou a vida a Samuel

Tamén ingresarán en prisión os outros tres mozos. A moza queda en liberdade.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 09/07/2021 | Actualizada ás 21:58

Comparte esta noticia



A Fiscalía de Menores instará o xulgado de instrución o internamento nun centro de menores dos dous detidos pola malleira mortal que o pasado sábado se cobrou a vida do mozo Samuel Luiz, na Coruña.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Fiscalía Superior de Galicia, ao tratarse de menores de idade, é o fiscal o encargado de instruír a causa e decidiu solicitar ao xulgado de garda este fin de semana na Coruña que ambos sexan internados nun centro.

A Policía Nacional detivo este venres a estes dous menores coruñeses vinculados co crime de Samuel, un dos cales conta con antecedentes penais.

Estes dous mozos detidos, que se coñecen entre eles pero non á vítima, súmanse aos outros catro arrestados: tres homes para os cales a xuíza decidiu que ingresen en prisión, comunicada e sen fianza, e unha moza que quedou en liberdade, coa obriga de comparecencias no xulgado.

Un dos acusados como presuntos autores da malleira que causou a morte a Samuel Luiz sae do xulgado tras declarar como suposto autor do crime, a 9 de xullo de 2021, na Coruña.. M. Dylan - Europa Press
Un dos acusados como presuntos autores da malleira que causou a morte a Samuel Luiz sae do xulgado tras declarar como suposto autor do crime, a 9 de xullo de 2021, na Coruña.. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta