Morre un home en Santa Comba no segundo accidente de tractor esta fin de semana

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2021 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Un home duns 70 anos morreu este domingo en Santa Comba no que foi o segundo accidente de tractor ocorrido en Galicia esta fin de semana. Segundo informa o 112, ocorreu no lugar de Esmerode ao redor das 18,30 da tarde. Sobre esa hora, un particular contactaba coa central de emerxencias para indicar que o tractor saíra da estrada ata chocar contra un valado.

Tractor con apeiro. UNIUNA DE LLAURADORS
Tractor con apeiro. UNIUNA DE LLAURADORS

Con estes datos, o 112 alertou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos bombeiros do Xallas, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil. Con todo, os servizos médicos desprazados ata o lugar non puideron facer nada por salvarlle a vida ao home, que de acordo con fontes consultadas por Europa Press tiña uns 70 anos.

É o segundo accidente con este tipo de vehículos rexistrado en Galicia esta fin de semana. O anterior, que se cobrou a vida doutro septuaxenario, ocorreu o sábado sobre as 20,00 da tarde en Vila de Cruces.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta