A gardaría de Ourense na que faleceu un bebé por morte súbita lamenta o ocorrido e traslada condolencias

"O día de onte foi moi duro para todos, nunca ninguén está preparado para enfrontarse a un suceso tan tráxico", recolle no seu perfil da rede social de Instagram.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 13/07/2021 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

A escola infantil Arlequín de Ourense, onde este luns faleceu un bebé de ano e medio por morte súbita, trasladou o seu pesar polo ocorrido.

"O día de onte foi moi duro para todos, nunca ninguén está preparado para enfrontarse a un suceso tan tráxico. Queremos expresar a nosa máis profunda dor e as nosas condolencias", recolle no seu perfil da rede social de Instagram.

"Fixemos todo canto estivo na nosa man e seguirémolo facendo como o fixemos ata agora, protexendo e coidando ás vosas familias, que tamén forman parte da nosa. Estamos todos unidos na dor e na pena e queremos agradecer expresamente todo o apoio, a comprensión e o agarimo que nos brindastes", engade.

"Seguiremos adiante co noso corazón roto pero con forza por ela e por todos", concluíu.

Inmediacións da Escola Infantil Arlequín, onde este luns faleceu un bebé por causas naturais.. Rosa Veiga - Europa Press
Inmediacións da Escola Infantil Arlequín, onde este luns faleceu un bebé por causas naturais.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta