Arde unha fábrica de madeira en Cuntis

Unha persoa foi evacuada con síntomas de inhalación de fume.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 14/07/2021 | Actualizada ás 10:07

Comparte esta noticia

Unha persoa foi evacuada con síntomas de inhalación de fume debido a un incendio orixinado no interior dunha nave industrial de madeira no municipio de Cuntis.

Segundo informou o 112 Galicia, uns minutos antes das 20,00 horas deste martes unha persoa contactou co servizo de emerxencias para informar de que empezaba a arder unha fábrica de madeira situada no lugar de Pena Arriba, na parroquia de Troáns.

Na mesma comunicación, afirmou que no interior da nave había unha persoa que tentaba sufocar as chamas xunto con persoal de incendios forestais. Por iso, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia notificáronselle os datos aos Bombeiros de Vilagarcía, ao GES da Estrada, aos axentes da Garda Civil, da Policía Local e a Protección Civil de Cuntis.

Ademais, tamén foron informados os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Catoira e Portas, co fin de prestar colaboración no lugar.

Horas despois, ao final das tarefas de extinción do lume, os Bombeiros de Vilagarcía confirmáronlle aos xestores do CIAE-112 que o incendio estaba apagado e que afectou o interior do depósito e a parte da estrutura da fábrica.

Finalmente, o persoal sanitario indicou que unha persoa foi trasladada con síntomas de inhalación de fume ao Hospital Montecelo.

Imaxe de arquivo dun incendio dun camión de madeira
Imaxe de arquivo dun incendio dun camión de madeira | Fonte: SEPA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta