Seis pretendentes para Novagalicia

Os bancos BBVA, CaixaBank, Santander e Banesco, ademais dos fondos de investimento foráneos Guggenheim e JC Flowers canda Oak Tree. Estes son as seis ofertas definitivas presentadas por Novagalicia Banco (NCG).

Por Galicia Confidencial | | 17/12/2013 | Actualizada ás 00:05

Comparte esta noticia

O proceso vai para longo. O FROB, entidade que depende do Banco de España, abrirá moi probablemente unha segunda fase, salvo que unha das ofertas sexa moito mellor que o resto. É dicir, continúa a poxa polos restos das caixas galegas.

José María Castellano
José María Castellano | Fonte: Unicef

En principio, o Guggenheim é o favorito, pois conta co apoio do actual equipo de xestión. Isto permitiría conservar a marca e as decisións do día a día en Galicia. O Estado tamén podería presumir de ser quen de atraer investimento estranxeiro a España. Agora ben, os bancos españois advertiron que o fondo non aportaría a estabilidade que supostamente dá a banca do Estado.

Por outra banda, o BNG demanda a intervención da Fiscalía Anticorrupción para que paralice e analice todo o proceso de venda de NGB  ao entender que o Ministerio de Economía e o FROB incorren nun presunto delito de prevaricación e malversación de fondos públicos. En opinión dos nacionalistas existe "prevaricación por tomar, a sabendas, unha decisión en contra dos intereses dos contribuíntes e de Galiza como é a venda anticipadada no peor momento posible, e malversación polo desfalco ao erario público que suporía non computar no prezo de venda 2.260 millóns de euros en exencións fiscais".

Novagalicia salvouse grazas aos case 10.000 millóns de euros públicos, gran parte procedentes da UE. Unha das condicións impostas por Bruxelas para  o seu resgate era que fose vendida posteriormente. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

12 A saber...

Con esta oposición temos que dicir que chove... Claro que non hai moito os do PsoE e os do BNGuai tiñan os seus colocados, caladiños e votando a xubilación dourada de Gayoso. A CAMBIO DE QUE?

11 d6fe

Non dicía o BNG o da retirada de contas, ou xa se acobardaron ante os catalans.

1 Don Quixotte de Terra Chá

Por fin algo sensato!! esa é a nosa forza; retirar as contas desa cova de voitres. Ímo,o facer? Eu apúntome e darei o meu nome nese momento. quen se apunta? O demáis é cobardia.

2 Asemanaquevenhostias

Iso non se di, se fai e punto. Estou con vós, un país se compón da xente que loita por él, os demáis son lastre, e non hai momento mellor que este. Pero eu de vós agardaría a ver que fai a oposición e se pode haber algo coordinado entre todos, aínda hei agardar unha semana, quero saber por qué, por ex., Frijol tiña o seu discurso tan ben preparado para recibir ao novo inversor: falaron antes entre eles e co Frob? Quero saber por qué o primeiro que dixo Escotet foi que o banco era nidiamente galego: sei que foi instruído por Frijol sobre a preocupación de moitos de nós? Cómo é que un banco con menos activos compra a outro co doble de activos? E todo tan raro que semella que pode ser ilegal

10 quevosdenatodos

O de Galicia confidencial xa non ten remedio, outro baixo directrices¡¡¡ O sea sabes tenemos super pretendientes "saes", es el super mayor expolio que se les hace a los galleguitos "saes" y se titula de super pretendientes "saes",¡¡¡ pu-to país de merda¡¡¡

1 Comunista marxista apolítico

Sen sacarche a razón porque a tes toda, coido que GC fan o seu traballo ben. Informan nada mais sen entrar en profundidades, que cada un decida, pense por si mesmo. Non son como La Voz ou Faro, tan só meros medios de propaganda dos intereses da burguesía española, que para servirlles non teñen problema en mentir ou manipular.. En GC tentan defender os interés da nosa Patria, no lado equivocado pequeño burgués, na miña humilde opinión, tiran para a bando de Cuiña, que non vexas.

2 Nonhailoitafacil

Totalmente de acordo, este é un p. país de prensa superficial e irrelevante. Non vou defender a GC, que ten pinta de querer moito ao PSOE, pero si defendo a moitos que comentan, que si fan pensar que éste é un país con posibilidades. Por iso ás veces importa máis o que se comenta que o que se informa.

9 Luguês

Já só ficam três: La Caixa, Banesco e Guggenheim. http://www.bolsamania.com/noticias-...

8 Joseva

Como o adquiran os bancos Espanoles, Peche de sucursales a esgalla!!!!

1 undaqui

Eu estou esperando ese día para pechar a conta