A Garda Civil investiga a agresión subida ás redes dun mozo de Pontedeume

Polo momento non houbo denuncia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2021 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

Axentes do cuartel da Garda Civil de Pontedeume  investigan a agresión a un mozo desta localidade que os presuntos autores supostamente subiron ás redes sociais o pasado fin de semana.

A Benemérita non facilitou máis datos por estar en curso as pescudas, pero si confirmou que non se interpuxo ningunha denuncia sobre os feitos por parte do afectado ou a súa contorna. No entanto, a Garda Civil iniciou unha investigación de oficio co obxectivo de aclarar os feitos.

Sobre esta agresión pronunciouse este mércores o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, quen confirmou a apertura dunha investigación por parte da Garda Civil sobre un "altercado cun golpe".

"Esperaremos a que se nos dean detalles", manifestou o delegado do Goberno para apelar á prudencia. En calquera caso, Miñones puntualizou que se trata de "unha agresión individual, non en grupo".

Imaxes dunha agresión a un mozo subidas ás redes sociais
Imaxes dunha agresión a un mozo subidas ás redes sociais

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta