Debemos permitir a autodeterminación de xénero?

Regueifas da Ciencia ofrecerá un debate virtual no que se tratará esta cuestión.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2021 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

A chamada "lei trans" debátese no seo do goberno de España e no Congreso dos Deputados. Unha das principais novidades desta lei é a autodeterminación de xénero, unha reclamación histórica do colectivo trans que se cuestiona dende diferentes perspectivas. Regueifas da Ciencia, unha inciativa da Universidade de Santiago de Compostela, que ten por obxectivo estimular o pensamento crítico tratará diferentes temas desta cuestión.

Bandeira Trans - efeminista
Bandeira Trans - efeminista

Este xoves, 15 de xullo, ás 19:30 horas ofrecerá un debate onde se falarán de temas como as implicacións socio-xurídicas da autodeterminación de xénero, os cambios que poden mellorar a situación das persoas trans, se a intervención médica implica patoloxización ou como defender mellor aos/ás menores.

Dous equipos, cada un defendendo unha postura diferente, enfrontaranse con tempos pautados e un moderador imparcial (o xornalista científico Manuel Vicente) para que o público acade unha opinión informada sobre este asunto.

Este formato de debate, a modalidade escollida pola organización de Regueifas, coñécese como de tipo Oxford e coas súas regras se teñen celebrado xa trece Regueifas de Ciencia dende 2016, tocando temas tan polémicos como os transxénicos, a enerxía nuclear, a edición xenética en embrións humanos ou o eucalipto. Todos os debates poden verse completos na web. Este ano, por mor da pandemia, só se poderá seguir o debate en liña pero poderán facerse as votacións e formularse preguntas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Courelois

A xente é libre de "autopercibirse" como queira pero non se pode admitir que pensen que poden obrigar ó resto a velos así ou a mudar a nosa lingua. Por min que se definan coma cachenas de Xapón pero non vou tratalas como tal nin falar nisa neolingua de "elu", "niñes", etc. Moito tempo libre é o que teñen algúns...