Avalancha eólica: "as empresas entran nas nosas fincas e marcan o chan sen dicirnos nada"

Duascentas persoas protestan ante a Delegación do Goberno en Galicia contra o avance dos "macroparques" eólicos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2021 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

Máis de dous centenares de persoas concentráronse na mañá deste xoves ás portas da Delegación do Goberno de Galicia, na Coruña, para protestar contra a instalación de parques macroeólicos.

A concentración foi convocada pola asociación veciñal 'Monfero di Non', e participaron outras asociacións como 'Paderne', 'Asociación A-Legre' , 'Cabanas di Non', 'S.VOS. Patrimonio Monte do Gato Seselle', 'Plataforma pola defensa do Monte As Salgueiras' e 'Petón do Lobo', que representan aos municipios de Monfero, Oza-Cesures, Mesía, Cabanas, Ponteceso e Cabana de Bergantiños.

Eólicos de Paradela (Lugo). CEDIDA - Arquivo
Eólicos de Paradela (Lugo). CEDIDA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Na protesta puidéronse ver pancartas con lemas como 'Eólicas así non', 'Veciños unidos, xamais serán vencidos' ou 'macroeólicos non', que portaban as numerosas persoas que se reuniron fronte á delegación.

Iñaki López, representante da plataforma 'Monfero dei Non', explicou que a protesta buscaba "unha moratoria eólica e a paralización de proxectos macroélicos nas nosas aldeas". Segundo trasladou, estes proxectos afectan a "espazos gandeiros, madeireiros ou ao uso turístico, que afectan á nosa vida e á nosa economía".

PENA DO CORVO

A asociación 'Monfero di Non' sumou 1.700 alegacións presenciais contra o proxecto do parque eólico en Pena do Corvo. López sinalou a dificultade para dar información aos veciños, xa que "son lugares deslocalizados, e hai veciños que nin coñecen o que é unha alegación".

Tamén mostrou o seu descontento co Goberno, xa que segundo afirmou o representante da asociación, "a administración é incapaz de admitir todas as alegacións que presentamos", por iso pide "igualdade de condicións" para que non se vulneren os seus dereitos. Tamén piden ao Goberno que revise as leis da distancia ás casas, "non poden ser leis de hai 20 anos cando os muíños agora miden tres veces máis", explica o representante de 'Monfero dei Non'

"As empresas non falan connosco, entran nas nosas leiras privadas e marcan o chan sen dicirnos nada, fano ás agachadas. Isto é o que queremos que paralice o Goberno, que non admitan a trámite todos eses proxectos", resolveu Iñaki López.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta