Científicos da USC descobren un método para loitar contra o cancro sen danar o resto do corpo

O achádego, desenvolto por un equipo de Radiofísica, permite concentrar as doses de radiación en taxas "ata mil veces superiores" ás dos modelos actuais.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2021 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

A USC vén de facer un novo avance científico que podería axudar a loitar contra o cancro dunha forma máis eficiente e, sobre todo, menos invasiva. A descuberta vén de ser desenvolta por Investigadores do Laboratorio de Radiofísica da USC. Trátase dun novo modelo de cámara de ionización “ultra delgada”, que segundo apuntan será “chave” para aplicar terapias contra o cancro que non deterioren os tecidos sans.

Imaxe de arquivo dun laboratorio. J.P.- Europa Press
Imaxe de arquivo dun laboratorio. J.P.- Europa Press

As cámaras de ionización, apuntan dende a Universidade, son dispositivos que serven para determinar a dose exacta dos tratamentos de radioterapia. O logro do equipo de Radiofísica da universidade compostelán pasa por que esta nova cámara de ionización pode pedir “fielmente” as doses precisas ata taxas “mil veces superiores á dos actuais aceleradores de radioterapia”

“As achegas destes investigadores abren o camiño ao desenvolvemento de terapias de precisión que actúen só sobre as lesións tumorais, minimizando os efectos adversos nos tecidos sans”, aseguran dende a Universidade a respecto das conclusións do equipo liderado polo profesor Faustino Gómez, que desenvolveu esta investigación ao abeiro do proxecto europeo UHDpulse.

“Esta nova modalidade de radioterapia implica a entrega ultrarrápida de radiación a taxas de doses de magnitudes maiores que as usadas na práctica clínica habitual. Deste xeito, téntase erradicar as células cancerosas, protexendo o tecido normal do dano da radiación tanto como sexa posible”, explica Faustino Gómez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta