Detectan outros 5 usuarios contaxiados de Covid nunha residencia en Pontevedra

A cifra total de contaxiados elévase a sete.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2021 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

Outros cinco usuarios dunha residencia de Pontevedra resultaron positivos por Covid-19, o que eleva a sete os contaxiados no mesmo centro de maiores.

Segundo informaron este xoves as consellerías de Sanidade e Política Social, detectáronse outro cinco usuarios con Covid-19 na residencia de Campolongo de Pontevedra, centro con sete positivos, o único de Galicia con casos na actualidade.

Iso débese ha que saíron da lista por negativizar o catro usuarios da residencia García Irmáns de Betanzos, sinalaron as mesmas fontes.

As residencias galegas non rexistraban casos positivos de Covid-19 desde o pasado 16 de maio ata os notificados este fin de semana pasado. Os últimos foran detectados nun centro de Chantada (Lugo) o 30 de abril.

Un operario con traxe de desinfeccion na Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contagios do Covid-19 ata agora na provincia galega- en Celanova (Ourense, Galicia, España), a 24 de marzo de 2020.. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo
Un operario con traxe de desinfeccion na Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contagios do Covid-19 ata agora na provincia galega- en Celanova (Ourense, Galicia, España), a 24 de marzo de 2020.. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Jose Manuel Souto Lamas

Vaia, vaia, e non seran os efectos da experimentacion vacineril?