Por Galicia Confidencial | Santiago | 22/12/2013 | Actualizada ás 22:20
Este venres a Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto organizou protestas contra a reforma legal do ministro Gallardón, que traba a libertade das mulleres para decidir se ter fillos. Houbo mobilizacións en Galicia en Vigo, Coruña, Ourense, Compostela, Ferrol, Lugo, Pontevedra, ,Ribadeo e Cangas.
A concentración de Compostela foi convocada diante da Sede do PPdeG. Segundo Diario Liberdade, participaron unhas 200 persoas, mentres que en Vigo queimáronse fotografías de Alberto Ruiz Gallardón, ministro de Xustiza.Os conservadores galegos non se pronunciaron sobre a polémica aprobación, realizada xusto antes das vacacións de Nadal.
A semana pasada no Congreso dos Deputados firmouse o "Pacto entre mulleres polos dereitos sexuais e reprodutivos e da interrupción voluntaria do embarazo". O texto -avalado polos deputados de PSOE, IU, BNG e Amaiur- demanda que as mulleres poidan seguir acudindo aos servizos públicos para abortar. A demanda leva o sustento de 200 entidades de todo o Estado. Olaia Fernández Davila cualificou o texto aprobado pola maioría do PPdeG como "machista" e "paternalista".
A Lei permite só dous supostos para abortar. Por violación, só nos primeiros tres meses. E por "perigo grave" para a vida ou a saúde psíquica e física da muller, até 22 semanas. A posibilidade de abortar de malformación do feto foi eliminada polos conservadores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.