Detectan 20 positivos en cribados na zona de Arousa e 14 en Pontevedra

Na campaña de autocita en Vilagarcía detectaron catro positivos entre as 762 probas.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 21/07/2021 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

O Sergas detectou 20 positivos en cribados realizados a veciños de Vilargarcía, Vilanova e A Illa de Arousa, así como de Cambados; ademais doutros catro nunha campaña de autocita na primeira localidade e 14 noutros en Pontevedra.

Así o informou a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que detallou que no cribado levado a cabo o 16 de xullo con mozos de 18 a 35 anos de Vilagarcía, Vilanova, Cambados e A Illa efectuado na primeira localidade de entre as 458 probas feitas, dos 1.200 citados, detectáronse dez positivos.

Pola súa banda, no cribado do pasado día 17 en Vilargarcía de Arousa con 1.200 convocados, de entre as 516 probas realizadas obtivéronse 10 positivos.

Mentres, noutro en Pontevedra con 800 mozos de 18 a 35 anos citados realizáronse 314 test que se saldaron con dez positivos; e noutro coa mesma cantidade de convocados realizáronse 335 probas de entre as que houbo catro casos de Covid-19.

Así mesmo, as mesmas fontes sanitarias indicaron que na campaña de autocita do pasado día 20 de xullo no recinto de Fexdega en Vilagarcía fixéronse 762 probas de entre as que houbo catro positivos.

Un cribado en Galicia
Un cribado en Galicia | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Furanchos ao poder

Asiste o 40 por cento e detéctanse varios positivos. O 60 por cento restante non vai porque xa pensa que é posible que estea contaxiado e non quere corentena. É dicir, hai moitos máis que están contaxiados. Non existen os asintomáticos, todos acaban tendo síntomas máis ou menos fortes. Pero de dor de cabeza, de gorxa, tos, febre (dalgúns deles ou de todos non se libra ninguén). Asintomáticos están mentres non avanza a enfermidade. O bo é que por regra xeral a xente nova pásao relativamente ben pero con excepcións.