As CCAA do norte analizarán a proposta de ecoesquemas da PAC que presentará o Ministerio de Agricultura

En relación con estas achegas da nova PAC, coas que Europa quere fomentar as prácticas ambientalmente sustentables, Galicia considera que eses requisitos non poden ser esixencias adicionais para os agricultores e gandeiros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2021 | Actualizada ás 19:22

Comparte esta noticia

A Xunta e as demais comunidades autónomas da Cornixa Cantábrica (Asturias, Cantabria e País Vasco) analizarán ao detalle a proposta de ecoesquemas que presentará o Goberno central e realizarán as alegacións oportunas para defender os intereses dos agricultores e gandeiros para garantir que estas axudas contemplen as particularidades da España húmida.

Nun comunicado, a Consellería do Medio Rural sinala que así o acordaron este mércores os representantes destas autonomías na reunión por videoconferencia co secretario xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda, sobre Arquitectura Ambiental do Plan Estratéxico da PAC.

No encontro participou, por parte galega, unha delegación encabezada polo secretario xeral técnico da Consellería doMedio Rural, Nicolás Vázquez, quen fixo un balance positivo do encontro tendo en conta que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación --que se comprometeu a presentar a súa proposta ás comunidades autónomas-- mostrouse en principio receptivo e colaborador, con respecto ás demandas da cornixa cantábrica.

Segundo indicou a Xunta, as citadas comunidades do Norte de España piden, entre outras cousas, a inclusión de novos ecoesquemas adicionais aos propostos polo Goberno, máis adecuados para a España húmida.

Tamén reclaman que se introduza, de forma transversal, un complemento vinculado á prevención de incendios, á extensión do complemento previsto para as superficies en Rede Natura ás zonas con limitacións naturais ou unha modulación da axuda por extractos de tamaño, entre outras correccións.

En relación con estas achegas da nova PAC, coas que Europa quere fomentar as prácticas ambientalmente sustentables, Galicia considera que eses requisitos non poden ser esixencias adicionais para os agricultores e gandeiros, que no caso galego xa fan unha custodia do territorio pola vía do cultivo da súa base territorial. "Fano, ademais, para loitar contra o abandono, un dos grandes retos que enfronta o agro galego", apunta a Xunta. Por iso, incide en que se defende que o deseño a nivel español ten que recoller ecoesquemas que se adapten aos sistemas produtivos característicos de Galicia e a Cornixa Cantábrica.

Vacas. Loura galega.. MERCEDES RANCAÑO OTERO
Vacas. Loura galega.. MERCEDES RANCAÑO OTERO | Fonte: PERCDS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta