Todos os concellos pontevedreses de menos de 20.000 habitantes piden axudas para a igualdade, segundo a Deputación

A Deputación concedeu acudas que ascienden a 230.000 euros.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 24/07/2021 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra deu luz verde na súa última sesión á concesión de axudas para o fomento da igualdade e a prevención da violencia de xénero nos municipios de menos de 20.000 habitantes, que ascenden a 230.000 euros.

A presidenta, Carmela Silva, destacou que a totalidade dos 51 municipios da provincia que entran neste rango de poboación solicitaron as subvencións.

"Significa que estamos a conseguir que os concellos teñan cada día máis compromiso co fomento da igualdade para as mulleres e coa loita contra as violencias machistas", destacou.

A presidenta d ela Deputación de Pontevedra, Carmela Sila. RAFA ESTEVEZ
A presidenta d ela Deputación de Pontevedra, Carmela Sila. RAFA ESTEVEZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta