O Observatorio Industrial da Construción constata a "boa marcha do sector en Galicia"

A licitación da administración central experimenta o maior crecemento na comunidade, cun 421,7% máis, ata 304,1 millóns.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/07/2021 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

O aumento da afiliación, os contratos e as empresas "confirman a boa marcha do sector en Galicia" no primeiro semestre do ano, segundo o Observatorio Industrial da Construción.
Este observatorio destaca que "a construción é un dos sectores que mellor se está recuperando da crise mundial provocada pola covid-19".

En concreto, o Boletín de Estatísticas de Galicia do Observatorio Industrial da Construción, que recolle as cifras do sector na comunidade a xuño de 2021, analiza os principais indicadores económicos que afectan á construción.

"Desta maneira, a boa marcha do sector vese reflectida nas cifras de emprego. O número de traballadores/as afiliados/as ao Réxime Xeral do sector aumentou en xuño un 10,1%, respecto de 2020, mentres que o Réxime de Autónomos fíxoo un 1%", destaca.

Respecto ao número de empresas do sector, maio pechouse con 8.666 compañías operando na construción, un 6,4% máis que hai un ano, e supoñen un 10,8% do total de empresas na comunidade.

En relación ás cifras de contratos, no primeiros seis meses do ano asináronse 20.850 no sector, o que supón un aumento do 17,1% respecto de 2020. Por sección de actividade, a Enxeñaría civil rexistrou o maior incremento a nivel autonómico.

Doutra banda, o observatorio destaca que o número de visados de obra de xaneiro a abril foi de 1.171 unidades e supuxo un 21,2% menos que no mesmo período de 2020.

En canto aos visados de reformas, a cifra alcanzou os 339, cun 4,2 % menos na comparación interanual. Os de obra nova alcanzaron as 780 unidades, cun 28,8% de retroceso en taxa interanual.

Así mesmo, o número de hipotecas sobre vivendas acumuladas ata abril ascende a 4.738, un 14,7% máis que no ano anterior.

OBRA PÚBLICA

Un dos aumentos máis pronunciados durante os primeiros meses do ano localízase na licitación de obra pública. O volume de licitación pública acumulado de xaneiro a maio en Galicia ascendeu a 732,8 millóns euros e experimentou un aumento do 167,3% respecto ao mesmo período do ano anterior e supón un 8,4% do volume total licitado a nivel estatal.

A licitación da Administración Central foi a que experimentou o maior crecemento na comunidade cun 421,7% de aumento respecto ao ano anterior, ao rexistrar 304,1 millóns de euros.

O sector da construción mellora na rexión grazas ao aumento da afiliación, os contratos e as empresas. OBSERVATORIO INDUSTRIAL DA CONSTRUCIÓN
O sector da construción mellora na rexión grazas ao aumento da afiliación, os contratos e as empresas. OBSERVATORIO INDUSTRIAL DA CONSTRUCIÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta