O grupo de 13 a 29 anos concentra a maior parte dos contaxios covid en Galicia

Sanidade apela aos mozos a "extremar a precaución" e pide que acudan a cribados e faciliten todos contactos estreitos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2021 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade apela á poboación máis nova a "extremar a precaución", pide que acudan aos cribados para detectar casos de Covid en asintomáticos e faciliten todos contactos estreitos cando se contaxien co fin de frear as cadeas de transmisión.

Así o pediu este mércores o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na rolda de prensa para informar as decisións da reunión do comité clínico deste pasado martes, na que comentou que o grupo de 12 a 29 anos concentra a maior parte de contaxios de Covid-19, superando á media española.

Por iso, incidiu en que a Xunta centrará en Galicia o seu "esforzo" na capacidade diagnóstica con máis cribados, en paralelo ao proceso de vacinación. A semana pasada foron citadas máis de 32.000 perspas para os cribados, que se centran entre os 12 e os 29 anos, cunha participación do 54% e cunha taxe de positividade dun 3,73%. Para esta semana están citadas máis de 33.000 persoas para cribados. 

Varios mozos nun dos locais de lecer nocturno do Porto de Sanxenxo
Varios mozos nun dos locais de lecer nocturno do Porto de Sanxenxo | Fonte: Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press.

Comesaña tamén puxo o foco na necesidade de que os postivos sinalen todos os seus contactos estreitos. "Os positivos non sinalan a todos os seus contactos estreitos para salvalos dunha corentena. Non se salvan de nada. Arríscanse a acabar no hospital ou contaxias a outras persoas que están ao noso carón", recalcou o conselleiro de Sanidade. Tamén puxo de manifesto a gran interacción social que se está producindo na actualidade, xa os contactos estreitos das persoas que si que comunican poden chegar a 20 ou 30.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta