O plan de loita contra a violencia de xénero de Ribadumia, "exemplo" para o Goberno estatal

A rede de "puntos violetas" agora anunciada pola ministra de Igualdade foi implantada por este concello na lexislatura pasada.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A ministra de Igualdade, Irene Montero, vén de anunciar, entre outras medidas de prevención e loita contra a violencia de xénero, o establecemento dunha "rede de puntos violetas" no Estado; unha medida que dende a concellería de política social de Ribadumia puxeron en marcha na lexislatura pasada. Enrique Oubiña, o seu impulsor, asegura que "unha vez visto a formulación do programa posto en marcha polo seu Ministerio, incluído o argumentario no que se sostén, é evidente que o noso traballo chegou á capital do Estado e ao equipo da ministra”.

Punto Lila ou Punto Morado da Feira Franca de Pontevedra. PSOE
Punto Lila ou Punto Morado da Feira Franca de Pontevedra. PSOE

O certo é que no momento da aplicación desta rede de puntos seguros no concello a través do plan "Conta Comigo Ribadumia", a iniciativa "tivo unha repercusión moi importante", tanto polo "novidoso e pioneiro do planeamento como pola acollida" que tivo por parte da cidadanía, comercios, hostalaría e outras empresas que se sumaron a esta iniciativa, indican dende o Concello. Así, a maioría dos establecementos contan coa pegatina de punto seguro. 

Dende Somos Ribadumia diríxense agora ao Ministerio e á propia ministra para "convidala a

coñecer de primeira man a experiencia de Ribadumia", dado que consideran que pode ser de "axuda" á hora de abordar na práctica o programa de goberno. Así mesmo, agardan que isto "sirva tamén para que o goberno local actual, que o primeiro que fixo ao subirse ao altar da maioría absoluta foi criticar o custe económico do Punto Morado, recapacite e recupere tanto este plan como outras liñas postas en marcha na anterior lexislatura", sinalan no comunicado. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta