Cazan a dous mozos de Vilagarcía con 6kg de marihuana pola súa "actitude sospeitosa"

Foron interceptados na peaxe na AP-9 de Pontevedra.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2021 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

Dous mozos, veciños de Vilagarcía de Arousa e de 20 e 21 anos de idade, foron interceptados e detidos na peaxe da AP-9 de Pontevedra, pola que circulaban con seis quilos de marihuana.

Os feitos tiveron lugar esta semana no marco dunha operación de verificación de vehículos establecida na AP-9 e, tal e como sinalou a Garda Civil nun comunicado, a "actitude sospeitosa" dos dous ocupantes dun dos vehículos interceptados "propiciou" que os axentes inspeccionasen "minuciosamente" o turismo.

Así, os axentes atoparon no maleteiro dous sacos de plástico, que contiñan seis quilos de marihuana repartidos en seis envoltorios de menor tamaño. Dita tenencia pasa "considerablemente" a cantidade máxima considerada para consumo propio, polo que se procedeu a á detención do condutor do vehículo e do seu acompañante como presuntos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

Os detidos, "con amplos antecedentes policiais relacionados coa tenencia ilegal de estupefacientes", foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Cangas.

Marihuana incautada, en imaxe de arquivo. GARDA CIVIL
Marihuana incautada, en imaxe de arquivo. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta