A Xunta anuncia que mercará 48 ecógrafos para atender mellor "á poboación galega"

Terán un orzamento de 5,6 millóns de euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2021 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

A Xunta publicou na plataforma de contratos públicos de Galicia, tras a autorización do Consello, a licitación do sumistro de 48 ecógrafos con destino aos servizos de Radiodiagnóstico de varios centros do Servizo Galego de Saúde (Sergas) por un importe de 5,6 millóns de euros.

Segundo informou a Consellería de Sanidade nun comunicado de prensa, as empresas interesadas neste contrato que se licitará por un importe de 5,6 millóns de euros poden presentar ofertas ata o 17 de agosto.

O obxectivo desta compra, detalla Sanidade, "é dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación", xa que a "necesidade de realización de estudos ecográficos óptimos e de precisión nas distintas patoloxías ten un papel importante no seu prognóstico e seguimento", engade.

Así, con esta contratación renovaranse os ecógrafos de diversos centros nas sete áreas sanitarias do Sergas. O equipamento obxecto deste expediente de contratación "é susceptible de finanación ao 100% no marco do Eixo React-UE do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da Covid-19", conclúe.

Ecografía a unha paciente embarazada
Ecografía a unha paciente embarazada | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta