Tellado sobre o BNG: "Son uns calzonazos sometidos a Pedro Sánchez"

Di do PSdeG que está "enterrado nas súas pelexas internas".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 02/08/2021 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

O PPdeG cargou este luns contra a oposición no Parlamento galego, á que acusa de estar "completamente sometida" a Madrid, e foi especialmente crítico co BNG, ao que acusa de ser "un calzonados sometido" ao presidente Pedro Sánchez e ao Partido Socialista, e que cualificou como unha formación "máis sectaria que nacionalista".

Así o trasladou en rolda de prensa o viceportavoz do grupo popular e secretario xeral do PP galego, Miguel Tellado, quen criticou que a formación liderada por Ana Pontón estea "a tratar de ocultar a súa culpabilidade por investir a Pedro Sánchez", que se revelou como "o presidente máis centralista da historia do país".

Doutra banda, arremeteu tamén contra o PSdeG, "enterrado nas súas pelexas internas", e que, ao seu xuízo, "está máis preocupado por saber como se liderará a balsa de náufragos que quede nese partido despois dos seus procesos congresuais" que polas cuestións que interesan aos cidadáns.

Segundo concluíu Tellado, a oposición galega está "desaparecida" e "nin sabe nin quere arrimar o ombreiro" na actual crise sanitaria e socioeconómica. Fronte a eles, subliñou, "só hai unha alternativa", que é o PPdeG, "centrado no importante, como xestionar a pandemia, en blindar o tecido empresarial e o emprego, e empeñado en garantir o benestar das familias galegas".

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa.. PPDEG
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Borrajo Breixo

Ostia, claro neno, pero que te piensas? Que los del benegué te íamos ofrecer unha alternativa distinta ou algo así? Non jobá, si xa gobernamos con el Touri.