Oito concellerías para cinco concelleiros en Sada

O PPdeG salva a crise de goberno con catro edís e un independente. Di que sea aforrarán 165.000 euros coa remodelación.

Por Galicia Confidencial | Sada | 02/01/2014 | Actualizada ás 21:37

Comparte esta noticia

O Concello da Sada, na Coruña, distribuíu o seu goberno local en catro grandes áreas, ademais das que xestiona o alcalde Ernesto Anido de maneira directa, tras o cese de cinco concelleiros do Partido Demócrata Sada Popular (PDSP), co que gobernaba.

Agora, as concellarías quedará en mans de catro edís do PPdeG e do independente de Alternativa Progresista Sada Independente (APSI). O alcalde manterá as súas competencias como Parroquias e asumirá agora as de Seguridade Cidadá, con responsabilidade sobre a Policía Local e o Servizo de Emerxencias Municipal.

A primeira tenente de alcalde, Soraya Salorio, sumará Cultura ás competencias que xa tiña en materia de Benestar Social, Educación e Deportes, o segundo tenente de alcalde, Antonio Aguión, manterá a responsabilidade sobre a Concellaría de Urbanismo e Infraestruturas e María Núñez continuará como concelleira de Facenda, Emprego e Réxime Interior.

Pola súa banda, Fernando Campos, de Alternativa Progresista Sada Independentes (APSI), asumirá a Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, na que se incluirá tamén o departamento de Parques e Xardíns.

Aforro

O rexedor insistiu na garantía que isto supón para a estabilidade dun goberno que definiu como "deseñado con criterios de eficiencia e servizo ao cidadán" e mostrouse convencido de que a renovación do executivo contribuirá a alcanzar "todos e cada un dos compromisos adquiridos hai dous anos cos cidadáns" e que resultará, ademais, "significativamente máis barato que o anterior", xa que só dous dos seus membros -o alcalde e a concelleira de Facenda, Emprego e Réxime Interior- percibirán soldo completo, mentres que a responsable de Educación, Cultura, Deporte e Benestar Social cobrará medio salario. Di que o aforro polas destitucións será de 165.000 euros ao ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta