Sanidade notifica 10 novos facelementos con covid-19 en Galicia

Estas persoas perderon a vida entre o 30 de xullo e este 2 de agosto, eran maiores e tiñan patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2021 | Actualizada ás 21:02

Comparte esta noticia

A quinta onda da pandemia segue cobrándose vidas en Galicia, que alcanzou este luns as 2.474 vítimas mortais tras notificar as autoridades sanitarias outros dez falecementos, a cifra máis alta comunicada nunha xornada --aínda que as mortes se produciron en varios días-- desde o pasado 1 de marzo.

Tras os primeiros días de marzo --en concreto o 1 notificáronse 14 falecidos--, o número de vítimas mortais comunicadas por Sanidade en Galicia nunha única xornada descenderan paulatinamente de forma significativa. Pero neste luns, no que os contaxios caeron, aínda que se elevou a presión asistencial, comunicáronse un total de 10 falecementos.

En concreto, Sanidade informa de que o pasado 30 de xullo faleceu unha muller de 93 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e o 31, unha muller de 95 no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP).

O 1 de agosto notifica cinco falecementos, dous deles no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) --dun home de 79 anos e unha muller de 89--, dúas no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) --dous anciáns de 94 anos--, e outro home de 87 no Hospital do Salnés.

Neste luns 2 de agosto, Sanidade notifica tres persoas --un home de 85 anos no HULA, unha muller de 91 no Hospital do Salnés e outra anciá de 91 no CHOP--. Sanidade trasladou que todos os falecidos tiñan patoloxías previas.

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Ana Varela - Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta