Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/08/2021 | Actualizada ás 10:27
Un menor de idade de 16 anos foi rescatado a última hora da tarde deste luns, 2 de agosto, cando se atopaba en como etílico nunha cala, a de Centeás, situada no concello de Ares, con acceso prohibido, tras producirse nos últimos meses algúns desprendementos e que motivaron o peche do único acceso peonil existen por terra.
Segundo detallaron fontes consultadas, foi un amigo do afectado, que non se atopaba no lugar, o que puxo en coñecemento do 112 Galicia a situación para que este puidese recibir asistencia.
O incidente comunicóuselle á Garda Civil que desprazou ao lugar aos axentes destinados en Mugardos e, posteriormente, "superada a media hora", segundo apuntan axentes da Policía Local de Ares, aos seus efectivos, o que xerou un gran malestar neste corpo.
Ante a imposibilidade de realizar o rescate por terra, polos perigos que entrañaban para os efectivos desprazados, solicitouse axuda ao Club Náutico de Ares, que mobilizou unha lancha tipo zodiac na que se desprazou persoal sanitario, de Garda Civil e Policía Local.
Unha vez no lugar lograron subir a bordo ao novo e trasladalo ata a zona do porto de Ares, sobre as 20,30 horas, onde agardaba unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que trasladou o menor ebrio ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.
QUEIXA FORMAL
A Policía Local de Ares mostrou o seu rexeitamento a que desde o 112 Galicia "tardasen máis de media hora en mobilizar" os seus efectivos.
"Somos os que máis próximos nos atopabamos e en situacións deste tipo moitas veces a rapidez é fundamental", esgrimiron, antes de engadir que elevarán unha queixa formal para que non se repitan situacións deste tipo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.