Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/08/2021 | Actualizada ás 12:33
Rafaella Resources, compañía australiana propietaria ao 100% de Galicia Tin & Tugsten (GTT), a titular dos dereitos da mina de Varilongo, incorporou como director xeneral de GTT ao enxeñeiro de minas Juan José López Muñoz, "profesional de dilatada experiencia no sector mineiro e natural de Santa Comba", informa.
Nun comunicado, sinala que a reapertura da mina de wolframio de Varilongo é "a gran aposta de Rafaella Resources ata no momento en Galicia e, por este motivo, decidiu reforzar o equipo de Galicia Tin & Tugsten (GTT), a empresa galega encargada dereactivar a explotación do xacemento".
O enxeñeiro de minas Juan José López Muñoz será o responsable da posta en produción da mina subterránea de Varilongo yde futuros proxectos que a empresa puidese desenvolver na Península Ibérica.
Con máis de oito anos á fronte dunha empresa extractiva de Vimianzo, Juan José López Muñoz é enxeñeiro de Minas pola Universidade Politécnica de Madrid. Cun máster en Enxeñaría da auga, acumula 20 anos de exercicio profesional na enxeñaría, a construción e as actividades extractivas, informa a compañía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.