Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/08/2021 | Actualizada ás 09:00
A Asociación O Batán Cornado Mina Non denuncia que Explotaciones Gallegas (máxima accionista de Cobre San Rafael), e polo tanto, da mina de Touro, utiliza a chantaxe para non cumprir a lei tras o anuncio da Xunta de que ten que presentar un novo proxecto de restauración dos terreos.
"Chama a atención son as palabras da máxima responsable Eva Gómez ao sinalar que a súa empresa non foi a responsable da situación --da mina-- esquecendo que o documento de compra non só implicaba a adquisición duns terreos e dereitos mineiros senón tamén a súa rehabilitación", apunta a entidade nun comunicado. "Unha obriga que nunca foi asumida pola empresa concesionaria dos terreos tal e cómo o demostran os numerosos expedientes sancionadores e denuncias por verquidos contaminantes ao dominio público hidráulico", engade.
Fai unhas semanas a Xunta anunciaba un novo expediente sancionador á empresa pola falla de restauración. A Asociación O Batán Cornado entende que, agora, e tras esta advertencia, a empresa "quere vender como unha obra social en forma de chantaxe, ou mina ou non hai restauración, é en realidade unha obriga independente de calquera novo proxecto".
Esta entidade que esta empresa leve trinta anos incumplindo a lei e que intente impoñer un proxecto "que pon en risco a vida das persoas e o seu entorno socioeconómico (segundo informes técnicos)". Por iso, insta á empresa a cumplir coa lei despois de 30 anos e a pedir perdón.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.