Os incendios forestais soben un 27 % do 1 xaneiro ao 25 de xullo respecto de 2020

Este período (1 xaneiro-25 xullo) foi o quinto con menos lumes da última década. O 46,16 por cento dos sinistros tiveron lugar no noroeste da Península.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 05/08/2021 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

O balance de incendios forestais nos sete primeiros meses do ano -até o pasado 25 de xullo- ascende a un total de 5.613 sinistros, un 27,25 por cento máis que no mesmo período de 2020 (4.411 lumes), pero por baixo da media dos últimos 10 anos.

Un bombeiro durante os labores de extinción dun incendio forestal. CSIC
Un bombeiro durante os labores de extinción dun incendio forestal. CSIC

Segundo datos facilitados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica (Miteco) recollidos por Efe, este período (1 xaneiro-25 xullo) foi o quinto con menos lumes da última década, por detrás de 2013 (4.322 sinistros), 2016 (3.670), 2018 (2.966) e 2020 (4.411).

Do número total de incendios, 3.654 foron conatos (menos de 1 hectárea afectada) e 1.959 deron lugar a incendios de máis ou igual a unha hectárea, afectando ao 0,135 por cento da superficie total do territorio español e a un total de 37.535,90 hectáreas, case 16.500 hectáreas máis que en 2020.

Durante os sete primeiros meses deste ano producíronse en todo o territorio 11 grandes incendios (GIF), aqueles que superan as 500 hectáreas, cantidade que na última década só pasan os que tiveron lugar en 2012 (21) durante o mesmo período, e que é case catro veces superior aos ocorridos en 2020 (3).

NOROESTE

Por zonas xeográficas, o 46,16 por cento dos sinistros tiveron lugar no noroeste da Península, unha zona que comprende as comunidades de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco e as provincias castelás de León e Zamora, mentres que nas comunidades interiores, o resto de comunidades non costeiras, orixináronse o 34,81 por cento dos sinistros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta