O Xacobeo incluirá catro xiras e 30 concertos das principais agrupacións sinfónicas galegas

Serán a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra de Cámara Galega e a Orquestra Vigo 430.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/08/2021 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

A programación sinfónica do Xacobeo 21-22 incluirá catro viras --unha ou dúas fóra da autonomía-- e trinta concertos das principais agrupacións sinfónicas de Galicia, ademais da gravación de catro proxectos musicais e outras actividades de carácter máis reducido.

Román Rodríguez presenta a programacion sinfonica do Xacobeo 21-22
Román Rodríguez presenta a programacion sinfonica do Xacobeo 21-22 | Fonte: Ana Varela - Xunta de Galicia.

A Orquestra Sinfónica de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra de Cámara Galega e a Orquestra Vigo 430 participarán na programación do Xacobeo 21-22 que a Xunta desenvolveu e para o que dispuxo un investimento de 1,5 millóns de euros.

O programa, que contará con máis de 50 actividades "para impulsar e reforzar o apoio á música clásica", foi presentado este xoves polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que estiveron acompañados polo concelleiro de Santiago Sindo Guinarte e por representantes das catro agrupacións.

O conselleiro detallou que o obxectivo da programación é "reforzar a presenza da música clásica na celebración do Xacobeo, achegándoa ao gran público".

Os concertos terán lugar en espazos relacionados do Camiño de Santiago e outras localizacións de interese patrimonial como igrexas e catedrais.

Tamén destacou a colaboración de distintos artistas e grupos de xéneros como rock e pop. É o caso de Luz Casal, que no marco das Festas do Apóstolo deste ano ofreceu un concerto na Praza do Obradoiro xunto á Real Filharmonía de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta