Morre un operario en Vimianzo tras caerlle unha viga nun taller

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/08/2021 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

Un operario que estaba traballando nun taller en Vimianzo faleceu este venres tras caerlle unha viga enriba.

O inmoble está situado na rúa do Vilar e o accidente rexistrouse sobre as 17,15 horas.

Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061 que finalmente nada puideron facer por salvarlle a vida ao operario.

O 112 informou, á súa vez, á Garda Civil, aos Bombeiros de Cee e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vimianzo.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta