Dous novos falecementos elevan as vítimas con Covid a 2.538

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2021 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, de modo que xa son 2.538 os mortos con covid en Galicia.

En concreto, tratábase dun home de 90 anos que faleceu no CHOP (procedente da residencia Soremay) e outro de 80 que morreu no Chuac.

De acordo coa información do departamento autonómico, estas dúas persoas presentaban patoloxías previas.

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Ana Varela - Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta