Temas: MUROS CARNOTA GC

Desactivada a busca dos dous mozos que foron vistos á deriva nunha moto acuática en Carnota

O GES de Muros informa que Salvamento Marítimo desactivou a busca tras as "comprobacións oportunas".

Por Galicia Confidencial | Muros | 22/08/2021 | Actualizada ás 22:41

Comparte esta noticia

Salvamento Marítimo decidiu suspender a busca dnha moto acuática con dúas persoas e que foi vista á deriva en augas da ría de Muros. O operativo de salvamento estaba centrando a busca fronte ao faro de Lariño, entre Carnota e Muros.

Moto acuática á deriva fronte ao faro de Lariño
Moto acuática á deriva fronte ao faro de Lariño | Fonte: remitida

Segundo informa o GES de Muros, o operativo foi suspendido tras "as coprobacións oportunas" de Salvamento Marítimo. Ao parecer, e segundo fontes consultadas por GC, os mozos puideron ter abandonado a moto por algún problema técnico e nadaron cara a terra.

Salvamento Marítimo alertara a última hora do domingo aos barcos que se podían atopar na zona para que deran aviso se avistaban a moto que é de cor negra. No operativo participou o helicóptero Helimer 401 e a embarcación Salvamar Regulus.

A moto fora vista á deriva fronte a Lariño sobre ás 18.00 horas e nela ían dous mozos, un rapaz en bañador e unha moza loira tamén en bañador e con chaleco. Ás 21.00 horas foi avistada a mesma moto pero xa sen as persoas no seu interior.

Temas: MUROS CARNOTA GC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta