A Xunta abre este mércores o prazo de solicitudes para o seu plan de formación do sector servizos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2021 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes o primeiro plan de formación específico para o sector servizos co queimpulsará ao longo do Xacobeo a cualificación de 4.000 traballadores, segundo informa a Consellería de Emprego. O obxectivo é "mellorar as súas capacidades e adaptalas á nova era dixital".

Os apoios, que se poden solicitar desde este mércores e ata o próximo 24 de setembro, ambos inclusive, diríxense ás entidades que sexan titulares de centros acreditados ou inscritos para impartir formación profesional para o emprego para aquelas especialidades nas que se solicite o impulso, xa sexa na modalidade presencial, de teleformación ou mixta.

A Consellería de Emprego e Igualdade destina a esta iniciativa, que se desenvolverá entre 2021 e 2022 e arrincará no mes de novembro, un total de catro millóns de euros. Os cursos de formación están dirixidos principalmente a persoas traballadoras ocupadas, aínda que se admite a posibilidade de que participen persoas sen emprego, ata un 30% da cota total.

Albergue de Portomarín na reapertura da metade dos albergues de peregrinos públicos. CARLOS CASTRO/EUROPA PRESS / Europa Press
Albergue de Portomarín na reapertura da metade dos albergues de peregrinos públicos. CARLOS CASTRO/EUROPA PRESS / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta