Que relación hai entre California e a superlúa vermella que se viu a fin de semana?

Metereólogos apuntan a distintas posibilidades, entre elas, o fume dos incendios de California que atravesaron o Atlántico e chegaron a Galicia e ao norte de Portugal.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 25/08/2021 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

cor avermelhada da superlúa que se puido ver esta fin de semana en varios puntos de Galicia podería estar relacionada co fume dos incendios que están arrasando California, nos Estados Unidos, e que, debido aos ventos, atravesaron o Atlántico e chegaron ata o norte da Península Ibérica.

Segunda lúa chea de agosto, ou Lúa Azul, dende Vigo
Segunda lúa chea de agosto, ou Lúa Azul, dende Vigo | Fonte: @AlbertoSxenick (Twitter)

Iso é o que apunta, cando menos, o portal dedicado á meteoroloxía 'Meteo Tras os Montes' Portugal' na súa páxina de Facebook, dando conta da chegada do fume dos incendios e que iso provocou o efecto de coloración que se viu na lúa.

Tamén o Servizo de Monitorización Atmosférica de Copérnico (CAMS), da Unión Europea, que fornece datos e informacións continuos sobre a composición da atmosfera, apunta que existe unha capa de aerossol proveniente de incendios do continente americano. Segundo as presivións deste organismo, o fume disiparase a partir deste mércores.

A California rexistra algúns dos peores incendios da historia. Varias localidades foron evacuadas e máis de 300 mil hectáreas de territorio arderon. Non hai previsión para cando os incendios estarán controlados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta