Que é o castrapo, o neofalantismo ou o purismo?

Un manual coeditado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago e o Consello da Cultura tenta ofrecer visións innovadoras sobre os contactos lingüísticos do galego cos idiomas castelán e portugués.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/01/2014 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Cal é a presenza do galego no "léxico dispoñible" do castelán de Galicia?, e fenómenos tan controvertidos coma o 'castrapo', o neofalantismo, o purismo lingüístico?. Estas e outras cuestións son analizados nunha nova obra linguística.

De esquerda a dereita, Gabriel Rei-Doval, Ramón Villares, Ernesto González e Henrique Monteagudo, durante a presentación da obra
De esquerda a dereita, Gabriel Rei-Doval, Ramón Villares, Ernesto González e Henrique Monteagudo, durante a presentación da obra | Fonte: USC

De feito, explicar as innovacións lingüísticas no contacto entre o galego-castelán e mesmo con outras linguas do contorno máis próximo, coma o portugués, máis alá dos paradigmas lingüísticos tradicionais, así como presentar estudos sobre este contacto dende outras perspectivas da lingua, é a orixe do libro 'Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias'.

Este manual, coeditado polo Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) e o Consello da Cultura galega acaba de editar, está coordinado polos lingüístas Henrique Monteagudo, Gabriel Rei-Doval e Eva Gugenberger froito das contribucións realizadas en 2010 no Simposio que o Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) realiza anualmente.

Catro décadas de deseño da norma

"Este volume é posible logo de catro décadas de deseño da norma e do estándar da lingua galega", sinalou o profesor da Universidade de Wisconsin e coeditor da publicación Gabriel Rei Doval, "porque tenta aproximarse sen complexos a unha área difusa e na que se producen estas dinámicas de contacto co castelán e co portugués". 

"Cando se pensa na historia e na situación lingüística actual de Galicia, o prolongado contacto entre o galego e o castelán é unha realidade imposible de ignorar", destaca ao precisar os grandes contactos que hai entre estes dous idiomas ao longo da historia.

Por iso, estes expertos destacan a fortaleza do galego na convivencia con outras linguas. "Ponse moito acento na influencia do castelán sobre o galego, pero o galego tamén inflúe no castelán", sinala Henrique Monteagudo, coeditor da publicación e profesor da USC. "É un libro que demostra a madurez dunha comunidade científica", sinala Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, "e que permite un diálogo non moi frecuente", en alusión á perspectiva máis tradicional de estudar os idiomas coma compartimentos estancos, e non na súa relación cos idiomas do contorno.

Unha colección de dez volumes

Esta obra entra dentro da liña de publicacións e traballos do ILG e forma parte dunha serie de dez volumes que edita esta institución dende o ano 2002. Na redacción do volume participaron especialistas internacionais como Eva Gugenberger, María Álvarez de la Granja, Belén López Meirama, Dante Lucchesi, Marta Negro Romero, Xosé Afonso Álvarez Pérez, Fernando Ramallo, Gabriel Rei-Doal, Francisco Dubert, Eva Fernández ou Fernando Venâncio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

10 Castellego

Pois yo te estou moi dacuerdo con los espertos. Te soi de Madrí y dou fe de que el castejano de eiquí te esta muito influenciado por el gallego. Los nazionalistas estos eu no se de que se queijan, si noestras lenguas levan conviviendo e enriqueciendose mutuamente desde fai milenios. Que deijen de querer destruir España home! proponño que lle llamemos a noestra lengua común "Castellego", que caraljo!

9 Castellego

Pois yo te estou moi dacuerdo con los espertos. Te soi de Madrí y dou fe de que el castejano de eiquí te esta muito influenciado por el gallego. Los nazionalistas estos eu no se de que se queijan, si noestras lenguas levan conviviendo e enriqueciendose mutuamente desde fai milenios. Que deijen de querer destruir España home! proponño que lle llamemos a noestra lengua común "Castellego", que caraljo!

8 RAGC

Estos grandes proceres do ghallegho teñen razon, y sobre todo o Monteaghudo, cada dia que pasa o castellano e o ghallegho estan mais cerca pois claro que si hombre si eso namas salir de casa xa se nota na calle no pueblo en todos los sitios, vengha apuntarvos a nosa academia a que de verdá acerca o castellano ao ghallegho: https://www.facebook.com/groups/597...

7 Akribéstaton

Quem não sinta nojo e desprezo por esses indivíduos (Monteagudo, Villares, também o Rei-Doval) é tão miserável como eles. Que linguagem pretensiosa e vazia para justificar o seu labor, e mais nada. Assim, o Monteagudo -miserável máximo- quando tem que assumir as informações sobre a situação crítica do galego deriva a responsabilidade para as atitudes excludentes dos nacionalistas. E agora resulta que na realidade estamos numa época de esplendor e criatividade e mestiçagem. Por outras palavras, só reconhece a situação crítica para afear a conduta do BNG e daqueles mais beligerantes e exigentes na defesa do galego, e dous dias depois de propor o "bilinguismo restitutório" não tem empacho em proclamar a vitalidade da língua!

1 sasmo

tes toda a razón, meu

6 buli

o galego-castelam está acabado. Os falantes nom educam aos seus filhos em galego-castelam senom em catelam-castelam. Nom compram um triste livro em todo o ano. O presente e o futuro está no galego-portugues, e a quem lhe doa está cheo de prejuiços.