Como afecta a pandemia ás mulleres con discapacidade?

Un estudo de ACADAR busca coñecer a través dunha enquisa como lles afectou a Covid-19 ás mulleres galegas que sofren algunha discapacidade.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 26/08/2021 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR), entidade membro de COGAMI, vén de lanzar unha enquisa para coñecer o imapcto da Covid-19 entre as mulleres con discapacidade. Con este estudo pretenden poñer de manifesto as dificultades que sofren as mulleres con discapacidade o seu día a día, situacións que se viron agravadas pola pandemia e o risco a contaxiarse.

A guía sobre a violencia sexual da Asociación de Mulleres Discapacitadas bus
A guía sobre a violencia sexual da Asociación de Mulleres Discapacitadas bus

As consecuencias do confinamento acrecentaron as fendas existentes entre a poboación, especialmente entre as mulleres con discapacidade. Un exemplo é a fenda tecnolóxica, que puido illar a mulleres discapacitas con respecto ao resto das persoas por motivos como descoñecemento no manexo das TIC ou pola situación xeográfica.

Dende ACADAR tamén queren incidir en que a pandemia obrigou a moitas mulleres a convivir cos seus agresores, agravando situacióins de violencia. Ademais, en canto á economía, o peche de negocios tamén tivo consecuencias negativas entre aquelas mulleres con discapacidade, que viron paralizados o acceso ao emprego e a diferentes recursos. 

Para iso, ACADAR lanzou unha enquisa que está publicada na súa web e redes sociais, para así coñecer o alcance real deste impacto, o que permitirá nun futuro definir medidas e accións adaptadas ás necesidades reais das mulleres.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta