O BNG demanda sancións ás eléctricas que "inflaron ata un 30%" a factura da luz

Néstor Rego esixe que se dean a coñecer os nomes das compañías que supostamente levaron a cabo prácticas "fraudulentas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2021 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

O BNG demandou ao Goberno que sancione ás compañías eléctricas que "inflaron ata un 30%" a factura da luz e que publique os nomes destas empresas para que os consumidores poidan reclamar a devolución "das cantidades cobradas indebidamente".

A reclamación partiu do deputado nacionalista no Congreso Néstor Rego, que lembrou que a Comisión Nacional do Mercado e a Competencia advertiu da subida da luz coincidindo coa entrada en funcionamento do novo esquema de tarifas.

O Bloque esixe que se dean a coñecer os nomes das compañías que supostamente levaron a cabo estas "prácticas fraudulentas" e que o Goberno poña sobre a mesa mecanismos "eficaces" para que os cidadáns poidan reclamar as contías "indebidamente" cobradas.

Neste sentido, afea ao Ministerio de Consumo que encabeza Alberto Garzón que se limitase a "ameazar" con publicar a identidade desta compañía "só no caso de que continuasen con estas políticas".

"Coñecer a identidade das empresas permitiría que as persoas consumidoras poidan revisar con máis atención as súas facturas e reclamar", incidiu Rego, que cre que Consumo debe tomar as medidas necesarias e sancionar a estas compañías.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego. EUROPA PRESS/E. Parra. POOL - Europa Press / Europa Press
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego. EUROPA PRESS/E. Parra. POOL - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

1 Gamela

Calquera que pague facturas sabe que unha das Compañías Fraude chámase Naturgy (antes FENOSA) que logo de roubar a auga dos encoros galegos para turbinar KW aínda por riba os estafa coa benzón do Ministro Comunista de Consumo ! Pero por pedir que non quede... seguimos indo a Madrid a PEDIR ?

1 Filipe

Pois se es cliente de Naturgy, Endesa ou de Ibertrola, a estas alturas do conto e tendo alternativas, debes ser masoquista. O mesmo serve para os que manteñen contas de Abanca, BBVA, Santander, Caixabank, Sabadell... Se te fias da información de La Voz, Faro, La Región, El Progreso, El País, El Mundo, La Razón, ABC, Cope, A3 Media... Se votas PP, PsoE, Ciudadanos... Se colaboras con quen te rouba, para que te queixas!

2 Gamela

Que compañía recomendas como alternativa ?

3 Filipe

Gamela, a información que solicitas deberían dala medios que se din alternativos, asociacións subvencionadas de consumidores, chiringuitos da Xunta con competencia, até ministerios e inútiles --por incapaces de resolver-- ministros do ramo. Ben, despois de aclarado, recomendo... Primeiro, hai que escoller entre tarifa regulada e de libre mercado: por anos de experiencia e por aforro destaca a regulada (escollo Baser, de EDP, que tamén indica a OCU). Segundo, como comercializadora libre fuxe do oligopolio (comercializadoras locais —con moita precaución-, cooperativas, empresas alternativas como Holaluz). Lembra, se hai poucos ingresos debe ser regulada con bono social (de escándalo é que hai comercializadoras que pasan a clientes de bono social a libre mercado), e a regulada nunca a ofrecen as comercializadoras, debes solicitala. E que non enganen os intereses dos comerciais, se sube na regulada os de libre mercado van actualizar á alza (sempre pagarán máis).

4 Gamela

Se empregásemos os comentarios como tí vés de facer, penso que o mundo cambiaría moito máis rápido do que pensamos, e igual os vendedores de fume terían menos opcións a tomar o pelo da xente... Sinceiramente moitas gracias, tomo nota.