Laza rexistra tres pequenos tremores durante a madrugada do sábado

Ningún dos tremores superou os tres graos de magnitude.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2021 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O municipio ourensán de Laza foi o epicentro de tres pequenos tremores de magnitude por baixo dos 3 graos que se rexistraron durante a madrugada deste sábado.

Os medidores do Instituto Xeográfico Nacional captoren o tres tremores entre as 04,00 e a 09,00 hora deste sábado, segundo figura na páxina web da entidade dependente do Ministerio de Transportes.

O primeiro tivo lugar ás 04,20 horas da madrugada cunha intensidade de 2,5 graos. Uns viente minutos despois produciuse unha réplica que alcanzou os 2,6 graos de magnitude, valor máximo da serie.

O último dos tremores foi ás 09,30 horas cunha intensidade de 1,9. Minutos antes, outro sismo da mesma magnitude foi captado en Baltar, municipio limítrofe con Portugal.

Terremoto rexistrado en Laza (Ourense).. INSTITUTO XEOGRÁFICO NACIONAL.- ARQUIVO
Terremoto rexistrado en Laza (Ourense).. INSTITUTO XEOGRÁFICO NACIONAL.- ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta