Puy contrapón a "unidade" do PP fronte a situación interna de PSdeG e BNG

"Non estamos a reflexionar sobre o noso futuro persoal, facémolo sobre o futuro do país", sinalou Puy a preguntas dos medios, en alusión á decisión de Pontón sobre a súa continuidade á fronte dunha formación frontista.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2021 | Actualizada ás 15:38

Comparte esta noticia

O portavoz do PPdeG na Cámara galega, Pedro Puy, resaltou a imaxe de "unidade" exhibida polo Partido Popular no acto do pasado domingo en Cerdedo-Cotobade co que os populares deron por iniciado o curso político.

Un acto político que, segundo apuntou nunha rolda de prensa celebrada este luns no Pazo do Hórreo, resultou "moi satisfactorio" e "demostrou a unidade do partido tanto en Galicia como en España".

Neste sentido, Puy contrapuxo a imaxe mostrada polos populares en Pontevedra fronte á situación interna dos partidos da oposición, marcada pola apertura dun período de reflexión sobre o seu cargo da líder do BNG, Ana Pontón, e o proceso de renovación da dirección dos socialistas en Galicia.

"Non estamos a reflexionar sobre o noso futuro persoal, facémolo sobre o futuro do país", sinalou Puy a preguntas dos medios, en alusión á decisión de Pontón sobre a súa continuidade á fronte dunha formación frontista que, di, ten "postulados ideolóxicos que no mundo occidental poucos comparten" e entre os que situou o soberanismo ou a súa postura sobre "a colaboración público-privada".

Ademais, convidou ao PSdeG a "reflexionar" sobre os seus "diagnósticos" sobre como se atopa o partido e a situación na que está Galicia, á vez que opinou que os socialistas "adoitan aumentar a agresividade" cara ao goberno durante os momentos de "conflitos internos".

"Non se se para gañar puntos ante unha militancia que é máis aguerrida que o corpo de votantes", engadiu Puy, que desexou que os partidos da oposición alcancen "estabilidade interna e programática", o que, segundo o popular, facilitaría chegar a acordos e pactos.

PERÍODO DE SESIÓNS

Ante a reapertura do período de sesións na Cámara autonómica, o portavoz do grupo maioritario apuntou que os próximos meses estarán marcados pola celebración do primeiro Debate sobre o Estado da Autonomía da lexislatura aberta hai un ano e a elaboración dos orzamentos de 2022 para os que xa hai teito de gasto, aprobado este verán.

Por outra banda, avanzou que os populares centrarán o seu traballo parlamentario en defender asuntos como a súa demanda para organizar un MIR extraordinario que mellore a capacidade de contratación para a sanidade ou o baixo nivel dos encoros da conca Miño-Sil que contrastan de forma "evidente" cos Galicia Costa, de xestión autonómica.

Todo iso nun momento no que, segundo Puy, Galicia está a demostrar que "aguanta mellor" que outras comunidades do Estado desde o punto de vista "sanitario, económico e social".

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa. PPDEG
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta