O que está claro é que a inmersión linguística en castelán dou moitos resultados pois o castelán é a língua dos nenos escolarizados , isto é a língua da escola.
O galego estaba defendido ata o de agora por lei, máis non na realidade. A realidade é que na Coruña á marxe de non falar galego os nenos non saben falar galego, unhas das línguas oficiais porque simplemente non llo ensinan na escola. Se un pai lle fala galego ó seu fillo nunha cidade, cousa que sucede máis das veces que pensan moitos aquí, o seu fillo voltará da escola falando castelán pois será a língua das clases. Todo grazas á inmersión linguística en castelán que temos na escola.
Falo dos centros públicos claro, os privados concertados están peor, e os privados puros non digamos.
O castelán é unha imposición na educación en Galicia, non o galego. O nacionalismo de algúns, nacionalismo español radical e intolerante co que non sexa a súa ideoloxía, fai que non vexan a realidade.
Para non impoñer ningunha língua oficial a educación debería ser: castelán 50% , galego 50%. Iso é o que se defende no plan de normalización nunca levado a cabo. Os nenos galegos que aprenden a ler en galego inda que sexan galegofalantes foi nos últimos 25 anos unha excepción. Porque o partido do goberno non cre no galego coma língua útil. O galego é útil pois é unha língua , e ademáis a nosa.
Se o galego non é útil tampouco o é o holandés, o danés, o sueco, o noruegués, o checo.... e todalas línguas do mundo salvo o inglés.
Por último dicir que o galego é falado por 210 millóns de persoas no mundo (galegoportugués) e é a 5ª lingua máis falada do mundo. Ó mellor algúns nacionalistas españois conviríalles viaxar máis e ver a utilidade da outra língua oficial dos galegos.